Somos unha empresa que desenvolve solucións no campo das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Estamos especializados en sistemas de información xeográfica (SIX), sistemas de localización en tempo real (RTLS) e sistemas de navegación autónoma (SNA).
Pero ante todo, somos unha empresa responsabilizada cos seus valores éticos.
Valores
Dignidade. O respecto é a base das nosas relacións, tanto entre nós como cos nosos clientes e provedores.
Implicación. As necesidades dos nosos clientes son o noso traballo. Involucrarnos nos teus proxectos significa crer no que facemos e sentirmos donos do noso esforzo.
Calidade. A calidade non se negocia. A procura da excelencia é a nosa satisfacción persoal.
Coraxe. Avanzar, innovar e non refuxiarse na comodidade do coñecido, apoiándonos no noso compromiso mutuo.
Misión
Levar innovación a profesionais, empresas e corporacións.
Optimizar procedementos e procesos de produción.
E acompaña-los na súa inmersión tecnolóxica.
Visión
Ser unha empresa de referencia no campo da innovación tecnolóxica gardando a nosa identidade.