Blog

Avansig presentation

As sociedades seguras e H2020

Recentemente asistimos a dúas xornadas informativas e de intermediación sobre as convocatorias “Sociedades Seguras : A protección da liberdade e seguridade de Europa e os seus cidadáns” incluidas nos desafíos sociais da estratexia Europa 2020.

A primeira, en Madrid o 17 de xaneiro, organizada polo CDTI (el Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial del Mº de Economía, Industria y Competitividad ). E a segunda, en Bruselas entre o 6 e o 7 de marzo, organizada por SEREN3 (Network of Secure Societies National Contact Points), consorcio no cal tamén está integrado o CDTI.

Ambas xornadas serviron de orientación clara á nosa tecnoloxía e proxectos para poder alinealos cos obxectivos intersectoriais de investigación e innovación do Horizonte 2020. Nestas xornadas debulláronse tanto os detalles procedimentais e legais como de contido e obxectivos dos principais campos de traballo: Protección de infraestructuras críticas; Resilencia ante desastres; Loita contra a delincuencia e terrorismo; Seguridade fronteriza; Seguridade dixital,…

Nas xornadas de Bruselas ademais tivemos a oportunidade de presentar públicamente a nosa tecnoloxía Smart Drones e coñecer persoalmente a diversos responsables de empresas, institucións e organizacións do sector da seguridade ¡Toda unha oportunidade!

Regresamos satisfeitos con novos obxectivos e aplicacións, novos colaboradores e novos campos para seguir innovando.