Tecnoloxía e innovación
Somos unha empresa que desenvolve solucións no campo das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC). Estamos especializados en Sistemas de Información Xeográfica (SIX), Xemelgos Dixitais e Sistemas de Intelixencia Xeoespacial.
O noso principal propósito é desenvolver solucións avanzadas de tecnoloxía para clientes e colaboradores, dirixidas a mellorar os seus procesos de negocio e achegar carácter diferenciador aos seus produtos.