
South Summit selecciónanos entre as 100 startups máis innovadoras do mundo
South Summit Innovation é o maior evento anual no sur de Europa que pon en contacto aos emprendedores máis innovadores, cos inversores internacionais máis importantes e coas empresas interesadas en mellorar a súa competitividade a través da innovación.
A Startup Competition, organizada polo South Summit, ten como obxectivo buscar as 100 startups máis innovadoras en calquera sector e en calquera lugar do mundo co fin de crear unha plataforma global líder que reúna Startups, Inversores e Empresas en procura da Innovación.
O evento South Summit Innovation 2017 celebrarase os días 4-6 de outubro de 2017 en Madrid (España). Alí, teremos a oportunidade de presentarnos e concertar reunións bilaterais con inversores internacionais, medios de comunicación e empresas punteiras de primer nivel.
Estamos moi orgullosos de formar parte do TOP 100 Startups de SOUTH SUMMIT INNOVATION 2017