Blog

foto del grupo de trabajo de SINDA

SINDA implanta unha flota de drons autónomos que navegan en interiores

Con motivo da auditoría do proxecto SINDA celebrada o pasado 11 de Xullo, desplegouse unha flota formada por tres drons intelixentes que navegan de forma autónoma en interiores. O centro loxístico de Prosegur no Polígono de A Grela foi o escenario donde tivo lugar a implantación.

Ata agora, as aplicacións de UAVs estiveron sempre restrinxidas a espacios exteriores (outdoors) apoiándose na conectividade co Sistema de Posicionamiento Global, GPS (o dron determina a súa posición comunicándose con ao menos tres satélites da red). Sin embargo, en interiores, este sinal non existe ou é moi débil. Por esta razón, a navegación en interiores de UAVs foi o principal reto tecnolóxico ao que se lle deu solución, desenvolvendo un sistema de navegación basado en visión 3D.  

SINDA (Sistema de Seguridad en Interiores con Drons Autónomos Basados en Visión Artificial 3D) foi un proxecto de I+D+i desenvolto no marco do programa FEDER Innterconecta 2015 (proxecto ITC-20151329) e financiado polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI).

O consorcio do Proxecto SINDA, formado polas empresas Prosegur SISAeromedia UAVEgatel  e Avansig e os centros tecnolóxicos CITIC Gradiant, desenvolveu un sistema de vixilancia en interiores basado en drons autónomos, de pequenas dimensións, con capacidade para realizar rondas de vixilancia no interior de edificios e infraestructuras de forma totalmente desatendida.

SINDA-DemoVuelo

A implantación foi todo un éxito. Os drons realizaron rutas de vixilancia de forma completamente autónoma, cambiando de estancias, xerando o modelo 3D do entorno, detectando e evitando obstáculos en tempo real e enviando os datos recollidos en tempo real á aplicación de control. Ao finalizar cada ruta aterrizaron con precisión nas súas respectivas bases, unha delas dotada dun sistema de carga autónoma que permite recargar as baterías do dron e reiniciar o servicio.

É a primeira vez que esta tecnoloxía chega tan lonxe. Felicitamos a todos os compañeiros do consorcio SINDA por este gran logro.