Blog

dron SINDA

SINDA o sprint final

SINDA é o proxecto que nos acompañou durante algo máis de un ano e que moi pronto terminaremos. Un proxecto de I+D+i -en colaboración con Prosegur SIS S.L., Aeromedia UAV S.L. e Egatel S.L.- para o desenvolvemente dun prototipo funcional de dron autónomo que realiza tareas de vixilancia en interiores.

Para levar a cabo o proxecto, integramos varias tecnoloxías ad hoc, que desenvolvimos entre todos:

  • Un frame, un aparato multirrotor capaz de embarcar as necesidades do proxecto;
  • Unha base de carga para a alimentación desatendida do aparato
  • Un sistema de navegación autónoma basado en visión artificial para a detección e sorteo de obstáculos;
  • Un sistema de comunicacións robusto, fiable e seguro;
  • Un sistema de transmisión de vídeo integrado cos centros de control remotos.

Agora que o proxecto se achega ao seu termo e xa vemos o obxectivo preto do noso alcance, só nos queda felicitar a todos compañeiros deste proxecto.

Á espera de darlle o último empurrón, deixámosvos algúns vídeos dos tests do sistema de navegación.

 

 

 

desmontaje dron SINDA
Axustes do prototipo de frame para SINDA
Prototipo dron SINDA
Siso instalando o software de navegación