GIS

Aproveita o compoñente espacial dos teus datos
circulo_PXOM

Deseño e creación de bases de datos espaciais

Organiza a túa información en bases de datos xeográficas para mellorar a xestión dos teus recursos cartográficos e a túa capacidade de análise. Os nosos servizos inclúen o deseño e creación de modelos de datos xeoespaciais, capturan e procesan información xeográfica e incorporan información en bases de datos espaciais.

Implantación de SIX Corporativos

Un SIX corporativo é un sistema exclusivo, integral e integrado responsable de proporcionar información xeográfica a todo o persoal da túa organización a todos os niveis: operativo, táctico e estratéxico. Ademais, constitúe a base para o intercambio de información con organizacións externas. Proporcionamos un SIX corporativo adaptado ás túas necesidades de información, con ferramentas personalizadas que facilitan o acceso, xestión e análise dos teus datos xeográficos.

gis-corporativo
circulo_visor

Desenvolvemento de visores de mapas web

Publica e comparte a túa información en internet de forma sinxela e segura mediante mapas interactivos. Proporciona ós teus usuarios as ferramentas para buscar e visualizar información, descargar mapas e informes. Desde Avansig implementamos un SIX web intuitivo e interoperable baseado en infraestruturas de datos espaciais (IDE) e servizos web OGC estándar.