
Obtemos o selo de PYME Innovadora do MINECO
A Dirección Xeral de Innovación e Competitividade do Ministerio de Economía e Competitividade outorgounos a mención de PYME Innovadora. Este selo é unha importante distinción, non só porque pon en valor o noso traballo, senón porque favorece a nosa identificación ante os nosos clientes e nas iniciativas I+D+i da Estratexia Europa 2020.
¿Por qué a innovación? Varios informes europeos , como o ERAC Peer Review of the Spanish Research and Innovation System da Comisión Europea, sinalan a necesidade de mellora do tecido produtivo español apoiándose sobre o I+D+i e os ridículos niveles de PEMES innovadoras dentro do estado. PEMES que cubran a demanda interna en tecnoloxía e innovación e que garanticen un crecemento sustentable do PIB. A nosa misión como empresa está aliñada con ese obxectivo: asistir ao tecido produtivo no crecemento tecnolóxico a través de innovación.
Apostar pola innovación é beneficioso para todos.